CRTVG

Buscar

Coudet valora positivamente o punto do Celta no Sadar

Publicado o 24/08/2021 10:36

Sufriu, pero o Celta rescatou un punto que vale o seu peso en ouro. Na mesma liña opinaba tamén Coudet na conferencia de prensa despois do partido:

"Foi un partido e un rival durísimo. Nun campo difícil e coas circunstancias como se deron levamos un bo punto", comentou o técnico arxentino.

O gardameta Dituro foi decisivo para que o Celta acadara ese punto: "Dituro atallou un penalti e fixo paradas importantes, os porteiros están para iso", declarou cun sorriso Coudet.

Jagoba Arrasate non estaba tan contento co punto acadado no partido:

"Temos rabia porque fixemos todo para gañar", concluíu o técnico.

 

 

Noticias web

24/08/2021