CRTVG

Buscar

Coudet, sobre as opcións europeas: "Mentres sexa o adestrador miraremos o obxectivo máis próximo e non máis alá"

Publicado o 11/05/2021 21:35

O partido de mañá contra o Xetafe en Balaídos pode dar os tres puntos que sigan alimentando o soño europeo do Celta. 

Encontro que afrontan minguados polas baixas. Néstor Araújo, sancionado, e Fontán, con covid, serán substituidos por Aidoo e o canteirán Carlos Domínguez, que debutou en Vilarreal. Coudet agardará para decidir se reparece Iago Aspas. Alfon, dianteiro do filial, chegou tarde a unha proba PCR e non poderá ocupar o lugar do sancionado Ferreyra.

O adestrador fala do salto cualitativo que deu o Celta da súa man, pero sobre as opcións europeas non se molla: o obxectivo é ir xornada a xornada a ver ata onde chega o equipo.

Noticias web

11/05/2021