Coudet: "Se Aspas non mete goles en 1.000 días, poríao en todos os partidos"
• O Celta quere facer un bo partido ante o Real Madrid
O Celta recibe mañá ao Real Madrid en Balaídos con Hugo Mallo como única novidade na convocatoria. Coudet recoñeceu que deberán mellorar con respecto ao partido de ida ante o vixente campión de liga e único equipo español que continúa na Champions. Ademais negou calquer tipo de preocupación pola seca goleadora de Aspas, que leva sete partidos sen marcar, tres meses e medio. O último gol do moañés foi ante o Huesca, o 30 de decembro.
Fáltalle a este Celta de Coudet un partido grande contra un dos grandes. Quizais contra o Real Madrid, por exemplo.
Tres puntos, con esta idea
Crer nun estilo onde o Celta teña a pelota. Renuncia Coudet a pecharse. Prefire ser dominador. E se hai que moverse nun tobogán futbolístico de goles como en Huesca, pois tamén
Terá que prepararse para non cometer erros graves como os que tivo ante o Real Madrid na primeira volta, eses fallos defensivos que penalizan e finiquitan partidos