Coudet renova ata xuño de 2024
Dirixirá un proxecto a longo prazo que Mouriño prometeu reforzar este verán con 4 ou 5 xogadores
O adestrador arxentino do Celta de Vigo Eduardo Chacho Coudet asinou este xoves a renovación do seu contrato coa entidade galega por dúas tempadas máis, ata o 30 de xuño de 2024.
O exfutbolista, ao que lle restaba un ano de vinculación, asinou esta tarde xunto ao presidente e máximo accionista do club, Carlos Mouriño, o seu novo contrato na cidade deportiva Afouteza,
Coudet asumiu a dirección do Celta o pasado mes de novembro tras a destitución de Óscar García Junyent. Colleu o equipo en postos de descenso e finalizou o curso en oitava posición, ás portas da clasificación europea.
O adestrador citou o persoal o próximo 5 de xullo na cidade deportiva de Mos para empezar a pretemporada. Xunto a Coudet seguirán no corpo técnico Ariel Broggi, Octavio Maneira, Carlos Fernández e Guido Cretari.