CRTVG

Buscar

Coudet admite o interese por Thiago Galhardo: "Con nós fixo moitos goles"

Publicado o 22/08/2021 14:09

Eduardo Coudet compareceu en conferencia de prensa previa ao partido do Osasuna. Conta con só 15 xogadores do primeiro equipo logo das lesións de Fontán e Baeza, baixas ás que hai que engadir a do sancionado Hugo Mallo. 

O arxentino recoñeceu o interese en contratar o dianteiro brasileiro Thiago Galhardo, ao que adestrou no Internacional de Porto Alegre e que estaba buscando unha saída do club.

"Coñézoo e adáptase ás nosas posibilidades", asegurou o Chacho. 

Noticias web

22/08/2021