CRTVG

Buscar

Coudet poderá sentarse no banco nun partido fundamental

Publicado o 28/11/2020 20:34

Recibe o Granada en Balaídos coa necesidade de abandonar o último posto

O Celta intentará coller aire diante do granada ao que recibe sen marxe de erro nunha situación clasificatoria moi comprometida. No banco estará Eduardo Coudet, que se sentará no banco logo de acreditar os cinco anos de formación que esixe a Uefa para adestrar en España. 

Coudet pretende que o Celta sexa un equipo atrevido, intenso na marcaxe para recuperar a pelota con velocidade. O rival será o Granada, que ven de xogar o xoves en Europa, e que está a pagar na liga as esixencias do calendario europeo. 

Noticias web

28/11/2020