CRTVG

Buscar

Coudet: "O momento é difícil. Cinco partidos sen vitoria non me pasara nunca"

Publicado o 20/09/2021 21:29

Sexto partido e sexto intento de gañar por primeira vez esta temporada. O Celta só ten un punto. Eduardo Coudet nunca se vira nunha racha peor e recoñece a dificultade do momento.

Coudet: "É difícil. Como adestrador non me pasara nunca de estar cinco partidos sen vitoria".

O último que quere Coudet e que entren as dúbidas e fagan caer o equipo: "Dúbidas ningunha. Confío no meu grupo de xogadores".

Apunta á mala dinámica, aos erros puntuais e á sorte para explicar a sítuación: "Noutra dinámica non se escpan os tres puntos no partido contra o Cádiz.  Necesitamos concentracion máxima porque cando vés cruzado os erros condénante".

No campo do Levante regresa Araújo, libre de molestias, como probable parella de Murillo no centro da defensa. O adestrador non deu máis pistas. Fallar en Valencia deixaría o Celta nunha situación grave.

Noticias web

20/09/2021