Coudet: "O meu obxectivo é acabar nunha salvación tranquila"
Publicado o 04/03/2021 21:05
O Chacho Coudet fixo hoxe balance da súa experiencia no Celta. Malia que situou o equipo en zona de confort, admite que queda aínda moito por facer. Di que os xogadores se adaptaron rápido ao seu estilo e aos seus métodos.
Seis vitorias, cinco empates e cinco derrotas, incluída a Copa, resumen o seu libro contable desde que chegou en novembro. Confesa que, cos xogadores que hai, el fai o que pode.