Coudet: "Gústame que este equipo empece a habituarse a gañar"
• O Celta busca en Xetafe a quinta vitoria consecutiva
Coudet: "Preparamos os partidos para gañar e non para bater marcas. E este é un deporte de costumes. Gústame que este equipo empece a habituarse a gañar".
Que Eduardo Coudet fale nestes termos era impensable hai apenas un mes, cando aterrou en Vigo. O seu éxito, resumido nas catro vitorias en cinco partidos de liga non entraba se cadra nos seus mellores cálculos.
Coudet: "Temos xogadores con bo pé que interpretaron rápido unha idea e que a están a levar a cabo moi ben".
O campo do Xetafe non se lle da ben o Celta, nin á Aspas. E tampouco gañan os celestes co árbitro que lle foi asignado.
Coudet: "Botáchesme un camión de retos difíciles!".
Coudet convocou os habituais. O partido é o penúltimo do ano e xógase ás cinco e media da tarde.