CRTVG

Buscar

Coudet aumenta a intensidade nos adestramentos do Celta en Marbella

Publicado o 13/07/2021 12:19

O fútbol está de pretemporada. O momento para encher o depósito. Un exemplo do que é a pretemporada do Celta en Marbella.

Eduardo Coudet e o seu equipo de colaboradores en modo intensidade. Máxima intensidade. Coudet quere un Celta protagonista no campo e dominador dos partidos. Sen gasolina é un imposible. Nos rondos quere unha velocidade de balón alta. Xógase como se adestra. Teoría de toda a vida.

Algún xogador, coma Nolito, está sufrindo bastante a esixencia física.

Noticias web

13/07/2021