CRTVG

Buscar

Coudet, antes de xogar co R. Madrid: "Cada partido preparámolo da mellor maneira"

Publicado o 19/03/2021 16:50

Sobre a seca de Aspas: "se me dís que de aquí en 1.000 días máis non vai facer un só gol, poríao tódolos partidos sen dubidalo"

O técnico do Celta, Eduardo Coudet, destacou a entidade do rival de mañá, o Real Madrid, á vez que deixou claro que aspiran a tratar de gañar. "Estamos na casa, queremos facelo da mellor maneira e preparámonos para gañar. Queremos gañar todos os partidos, ás veces podemos facelo e ás veces non, pero a intención sempre está", detallou. É consciente de que deben facelo mellor que na primeira volta se queren puntuar: "Teremos que facer as cousas mellor que na ida para quedarnos cos tres puntos. Fixemos un bo xogo, pero non nos alcanzou», lembrou. "Quérome imaxinar contento ás seis da tarde, pero realmente sabemos que imos enfrontar a un gran rival, somos respectuosos. Hai que crer, creo que podemos facer as cousas ben".

Coudet destaca que terán que adaptarse ao que expoñan os brancos. "Nun principio temos que ver que é o que van facer, veñen utilizando outro sistema de xogo, pero teñen grandísimos xogadores que se poden adaptar ao sistema que propoña o seu adestrador". Está a opción de que xoguen con tres centrais: "Véñenlles dando resultados e pode ser unha diferenza, pero non sabemos se se van a presentar así. É un equipo con xerarquía e un gran adestrador", salientou.

Noticias web

19/03/2021