Couceiro anuncia un axuste de salarios no Deportivo e destitúe a Sánchez á fronte do equipo feminino
Publicado o 24/07/2021 09:21
O reto da directiva do Deportivo é axustar uns salarios de categoría profesional aos de un equipo de Primeira Federación. O presidente dixo que van limitar no posible o alcance do ERE, sobre todo entre os futbolistas.
Couceiro tamén confirmou que Manu Sánchez non seguirá como adestrador do Deportivo Abanca. Foi destituído todo o cadro técnico do club feminino.