Cota: "Iago asumiu que ten que respectar os prazos"
Publicado o 21/02/2019 17:35
Alavés, Eibar, Betis e R. Madrid. Eses serán os rivais do Celta antes da próxima parada ligueira, e semella case imposible que Iago Aspas poida estar nalgún destes partidos. Aspas estará de baixa entre 4 e 6 semanas. Confirmouno hoxe o doutor Cota. O tratamento rexenerativo ao que se está sometendo en Madrid podería acurtar os prazos de recuperación pero por riba de todo, no Celta non queren precipitarse. A Aspas tamén lle quedou claro. Cando reapareza, debe facelo con todas as garantías.