Costas: "Aspas ten personalidade para soportar calquera presión"
Publicado o 27/03/2019 18:16
Regresan os internacionais do Celta, algún como Araújo mancado. Outro central, David Costas, fala de Aspas. E non ten dúbida. Aspas estará ao cen por cento. Non lle vai pesar a responsabilidade ante unha das semanas máis importante para o celtismo das últimas temporadas. Costas confía na experiencia emocianal e futbolística do moañés.