CRTVG

Buscar

Costa Miño prepárase para unha noite terrorífica

Publicado o 31/10/2019 21:22

Abrir as portas e adentrarse nalgunhas das casas desta urbanización é como viaxar por un túnel do horror onde non faltan pantasmas, esqueletes, bruxas e calaveras.

Atopamos cadeleitos que invaden xardíns transformándos en cemiterios na noite de Samaín.

A idea xurdiu fai uns anos a iniciativa da propia asociación de veciños. Comezaron decorando garaxes e fachadas e hoxe en día toda a comunidade participa da festa.

Cando cae a noite e as luces alumeen as rúas, será a quenda dos máis pequenos que irán chamando ás portas casa por casa.

Na urbanización Costa Miño esta será unha noite de terror e moitas sorpresas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019