CRTVG

Buscar

Cospedal admite que se reuniu con Villarejo na sede do PP, pero desvincúlase da operación Kitchen

Publicado o 29/06/2021 15:04
Cospedal admite que se reuniu con Villarejo na sede do PP, pero desvincúlase da operación Kitchen

María Dolores de Cospedal negou ante o xuíz a súa vinculación coa operación Kitchen. A exsecretaria xeral do PP compareceu como investigada pola trama parapolicial de espionaxe ao extesoureiro do partido Luis Bárcenas.

Cospedal admitiu que se reuniu a soas co comisario Villarejo na sede popular, pero negou que lle fixese encargo ningún. Rexeitou as anotacións do comisario que a relacionan coa Kitchen e dixo que as operacións policiais corresponden ao Ministerio do Interior.

Mañá está citado a declarar o seu marido, e o venres farao Villarejo.

Noticias web

29/06/2021