CRTVG

Buscar

Coruxo-Rácing: máxima emoción na Segunda B, este mércores na G2

Publicado o 16/03/2021 21:34

A covid obrigou a pospoñer este partido e a premura da competición a xogalo xa. 

Cristóbal: "Tendo oito covid con máis ou menos secuelas é difícil xogar con só tres ou catro adestramentos".

Michel Alonso: "A ver como poden reaccionar, pero é un rival supercualificado".

Aínda están confinados Joselu, Yeferson Quintana e Pumar. A vantaxe é que o Rácing ten dous partidos para meterse no grupo de ascenso.

Cristóbal: "Depedemos de nós e iso si que é unha vantaxe".

O Coruxo, resignado no grupo da permanencia, necesita levar os mellores números para a seguinte fase. Míchel Alonso foi moi explícito o domingo contra o sistema de competición. E insiste.

Michel Alonso: "Premia máis as rachas que a regularidade". 

Mateo Míguez: "Nós xa sabemos que temos que xogar no grupo da permanencia e necesitamos lograr o maior número de puntos posibles. Estamos nun gran momento na casa e temos que seguir igual".

Celta B, pero, sobre todo, Deportivo e Pontevedra tamén xogan este partido. Non lles interesa que gañen os ferroláns.

Cristóbal: "O que lle poida afectar os demais xa non é un problema noso"

O Coruxo só perdeu un partido no Vao, ante o líder Zamora. E repite na casa na última xornada, contra o Celta B, que defenderá a cobizada praza de ascenso.

Noticias web

16/03/2021