CRTVG

Buscar

Coruña 30 implántase en toda a cidade

Publicado o 14/09/2020 11:09

Pouco a pouco na Coruña os peóns van gañando protagonismo. Estes días avánzase no plan de sinalización Coruña 30 acoutando os principais eixos, como son a entrada por Eirís-Avenida de Monelos e as avenidas de Oza e Fisterra.

O que se busca é que estes puntos funcionen como portas a unha cidade en que a veciñanza sexa a protagonista, ao tempo que se poidan reducir tamén o número de accidentes de gravidade e os danos medioambientais.

Deste xeito, limítase a velocidade a 30 quilómetros por hora en todas as vías, excepto aquelas que teñen máis dun carril, como son as dúas roldas de Nelle e Outeiro, a avenida Alfonso Molina ata o cruzamento con Juana de Vega e mais o paseo marítimo e Juan Flórez, aínda que neste caso existe xa un carril específico onde se reduce de 50 a 30 quilómetros por hora a velocidade.

A Xunta de Goberno local aprobou en maio a declaración da Coruña como Cidade 30, que recolle tamén que nas rúas con plataforma única se poderá circular como máximo a dez quilómetros por hora, menos o transporte público, ao que lle estará permitido chegar aos 20 quilómetros por hora.

 

 

 

Noticias web

14/09/2020