CRTVG

Buscar

Cortizo investirá 40 millóns nun centro tecnolóxico en Padrón

Publicado o 22/10/2019 15:15

A multinacional de Padrón prepárase para celebrar o seu medio século de vida cun ambicioso proxecto co que pretende dar solucións ás encargas que ten para cubrir fachadas en todo o mundo. Vai investir 40 millóns de euros en ampliar as instalacións e crear un campus tecnolóxico no que traballarán máis de 350 arquitectos e enxeñeiros. Terá tres edificios: un de investigación, un laboratorio para testar produtos e un centro social con auditorio, ximnasio e gardería para empregados.

"O que quere dicir isto é que Galicia é un lugar para facer historias de éxito empresarial. Por iso quero reivindicar Galicia como unha terra de oportunidades", afirmou o presidente da Xunta.

O Grupo Cortizo está actualmente en 60 países, facturou o ano pasado 636 millóns de euros e ten máis de 3.200 empregados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019