CRTVG

Buscar

Cortan una carril da AG-53 en Toén tras perder un camión varias pacas de herba

Publicado o 30/03/2021 21:56

Un camión que transportaba pacas de herba perdeu parte da carga na autovía AG-53, á altura do concello ourensán de Toén. Ocorreu no quilómetro 87 en sentido a Dozón. Oito das pacas de herba de grandes dimensións caeron sobre a vía, deixando cortado o carril esquerdo. O centro de conservación de estradas xa está limpando os restos da herba para restablecer a circulación.

Noticias web

30/03/2021