CRTVG

Buscar

Cortan parte da Gran Vía de Vigo para instalar unha rampla mecánica

Publicado o 10/07/2019 21:13


Cortan ao tráfico por obras parte da Gran Vía de Vigo. Desde este mércores non se pode circular por catro dos seis carrís desta rúa, que é unha das principais arterias da Cidade Olívica. Cálculase que uns 35.000 coches utilizan esta vía a diario. As obras que se van realizar é a instalación dunha rampla mecánica para os peóns. A previsión é que os cortes de tráfico estean activos, polo menos, ata novembro. Aí reabrirase con motivo da campaña de Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019