CRTVG

Buscar

Cortan o tráfico preto da Alameda de Santiago polo desprendemento dunha rocha

Publicado o 21/11/2019 22:13

O Concello de Santiago procedeu a cercar a zona da beirarrúa afectada por un desprendemento na rúa Pombal. Así mesmo, cortou o tráfico de subida cara á Alameda. Así o informaron fontes municipais, que explicaron que técnicos van estudar a situación na zona onde se produciu o desprendemento e "ver que medidas tomar". 

O tráfico foi desviado por Poza de Bar e San Lourenzo, o que causou, ademais, modificacións puntuais nalgúns roteiros do autobús urbano. Operarios municipais da Brigada de Vías e Obras de Santiago de Compostela procederon a retirar na mañá deste xoves unha rocha de grandes dimensións tras desprenderse, xunto a algo de terra, sobre unha beirarrúa na rúa Pombal da capital galega.

Na mañá deste xoves, a zona estaba pechada ao paso de peóns cun distintivo da Policía Local, pero aberta á circulación. Agora, a subida da rúa quedou pechada provisionalmente ao tráfico rodado.