CRTVG

Buscar

Cortada a OU-107 tras quedar atrapado un tráiler que se guiou erroneamente polo GPS

Publicado o 01/06/2021 19:54

Continúa cortada desde esta mañá a estrada provincial que une Maceda co alto do Rodicio, a OU-107. Un tráiler de grandes dimensións sufriu un accidente despois de que o GPS o guiara erroneamente, e quedou pendurado nun desnivel á altura do quilómetro 7. Só a cabina quedou sobre a calzada, e o rescate preséntase complicado. O vehículo viaxaba cara a Ponferrada cargado con gaiolas para polos baleiras.

Noticias web

01/06/2021