CRTVG

Buscar

A estrada OU-107 reabriu tras o accidente dun camión que obrigou a pechar un tramo durante case todo o día

Publicado o 01/06/2021 21:45
A estrada OU-107 reabriu tras o accidente dun camión que obrigou a pechar un tramo durante case todo o día

A estrada provincial que une Maceda co alto do Rodicio, a OU-107, permaneceu cortada dende as nove da maña ata última hora da tarde tras o accidente dun tráiler de grandes dimensións que circulaba cara a Ponferrada. O GPS guiouno erroneamente. O vehículo quedou atrancado á altura do quilómetro 7, tan só coa cabina na calzada.

O semirremolque está pendurando dun desnivel, polo que o rescate se presenta complicado. Patrullas da Garda Civil de Tráfico desprazáronse ao lugar. Están pendentes de que se determine como se vai realizar o rescate do tráiler e o tipo de guindastre qué será necesario.

Noticias web

01/06/2021