CRTVG

Buscar

O accidente de dous camións obrigou a cortar esta noite a A-52 en Barbadás

Publicado o 17/12/2019 10:05

Preto das cinco e media desta mañá, no quilómetro 226 da autovía das Rías Baixas, no municipio de Barbadás, un tráiler bateu contra un camión que circulaba diante del. Estudan as causas do accidente, pero todo apunta a que se debeu a unha distracción.  "Foi unha colisión por alcance entre un vehículo articulado e outro ríxido, o vehículo articulado alcanzou ao ríxido pola parte de atrás posiblemente por unha distracción do condutor do vehículo articulado e permaneceu a autovía cortada a causa do accidente", explicaba José Martínez Bugallo, garda civil de Tráfico.

O tráiler quedou atravesado, ocupando totalmente a calzada, polo que foi necesario cortar a autovía e desviar a circulación pola Nacional 525. Pasadas ás sete e media da mañá conseguiron despexar o carril esquerdo e reabrilo ao tráfico. "O vehículo articulado camiñaba entón puido retirarse facilmente"

Dous guindastres levaron sobre as oito da mañá os camións mentres permanecía cortado o carril dereito ata as dez e cuarto para facer tarefas de limpeza. Por fortuna os dous condutores saíron ilesos deste aparatoso accidente.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí