CRTVG

Buscar

Corrubedo súmase á listaxe de parques cun plan reitor de xestión

Publicado o 19/05/2021 16:04

Corrubedo súmase á listaxe de parques galegos que van contar cun plan reitor de xestión. Segundo salientou Ángeles Vázquez logo da reunión do Consello Consultivo de Medio Ambiente, aprobarase no vindeiro Consello da Xunta.

O plan vai tentar facilitar o uso respectuoso do parque natural e protexer tamén as actividades sociais e económicas que se desenvolven nel. Ademais, a conselleira de Medio Ambiente salientou o preto que está A Ribeira Sacra de conseguir o recoñecemento como Reserva da Biosfera.

Noticias web

19/05/2021