CRTVG

Buscar

Correr para axudar ao proxecto OCTOPUS no control do cancro de pulmón avanzado

Publicado o 20/10/2019 14:34

As 5.000 persoas que se inscribiron nesta carreira de dez quilómetros de distancia e noutra de cinco quilómetros saben que o esforzo que van facer e os cartos que pagan de inscrición terán un bo fin, o da investigación, neste 2019 do cancro de pulmón, o terceiro en incidencia despois do de colon e do de mama.

Batería de insertos dos participantes "A loita contra o cancro sempre é un bo motivo para facelo, e nós concretamente tivemos varios casos de amigos e familiares" " O ano pasado case se recadaron 50.000 euros íntegros para ese cancro. Aínda que sexa pouco, cada grao conta e é necesario" "Sen investigación non hai avance, non hai antídoto, non hai remedio, non hai cura".

A carreira destina o 90 % do recadado para o proxecto OCTOPUS, "Oncoloxía personalizada para tratar os pulmóns". Suma as investigacións do hospital Álvaro Cunqueiro, do CINBIO, da Universidade de Vigo e do equipo do CIMUS de Compostela. O obxectivo do proxecto é determinar o mellor tratamento personalizado en base aos xenes cunha mostra de sangue, a biopsia líquida.

Dra. Mónica Martínez-Fernández, do CIMUS (USC) e do Proxecto Octopus di que as investigadoras sempre intentan ser optimistas porque sempre traballan con esa idea. Hai investigadores que apostan que conseguirán curalos nuns vinte anos. Conta que OCTOPUS intentará que sexa algo crónico, que se poida detectar, tratar e con vixilancia toda a vida pero que poida vivir con el.

María Amoedo, o  vicepresidenta de "Vigo contra o cancro"  lembra que se non hai investigación non se pode avanzar.  Di que o  que se intenta é que a cura, ou polo menos unha supervivencia, a posibilidade de vivir con cancro sexa maior".

Segundo a Asociación Española Contra o Cancro, esta enfermidade afectará a un de cada dous homes e a unha de cada tres mulleres ao longo da súa vida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019