CRTVG

Buscar

Correos lanza unha oferta de emprego para incorporar 169 traballadores fixos en Galicia

Publicado o 30/09/2019 19:26

Correos convoca o concurso para contratar 4.000 novos traballadores fixos. É a maior oferta de emprego na empresa pública desde 2004. A maioría dos postos son para carteiro, pero tamén hai prazas de atención nas oficinas e de clasificación nos almacéns.

En Galicia ofrécense 169 empregos. O prazo de inscrición abriuse hoxe e remata o 10 de outubro. Toda a información está na páxina web de Correos.

Noticias web

30/09/2019