CRTVG

Buscar

Correos lanza unha oferta de emprego para 3.421 traballadores tras incorporar 4.005 efectivos

Publicado o 01/07/2020 18:27
Correos lanza unha oferta de emprego para 3.421 traballadores tras incorporar 4.005 efectivos

4.000 persoas, das que máis da metade son carteiros, incorporáronse este mércores a Correos. Os novos empregados fixos son os que conseguiron maior puntuación no último proceso de oferta pública do pasado xaneiro.

Unha vez resolta esta convocatoria, a compañía anuncia outra oferta de emprego para 3.400 persoas, dos que 2.000 serán para consolidación de temporais e os restantes, novas incorporacións.

Noticias web

01/07/2020