Correos creará 822 postos de traballo fixos para repartir paquetería na quenda de tarde
Publicado o 29/09/2020 18:00

A medida adoptarase a partir do 1 de novembro. Pretende garantir a entrega de paquetes entre as seis da tarde e as nove da noite, o horario en que os cidadáns adoitan estar máis na casa.
O servizo comezará a prestarse nas capitais de provincia, pero a intención de Correos é poder estendelo a todas as grandes poboacións do país no primeiro trimestre do próximo ano.