CRTVG

Buscar

Correos abre unha bolsa de emprego para cubrir 120.000 postos de traballo temporalmente

Publicado o 08/02/2021 20:40
Correos abre unha bolsa de emprego para cubrir 120.000 postos de traballo temporalmente

Hoxe abriuse o prazo de solicitude para as máis de 120.000 prazas que Correos convoca para toda España. Entre os postos que oferta están o de repartición a pé, en moto, clasificación ou atención ao cliente.

As bolsas de traballo teñen unha temporalidade máxima de 6 meses e vanse poñer en marcha a partir do 1 de xuño. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 17 de febreiro.

Noticias web

08/02/2021