CRTVG

Buscar

Coronavirus no mundo: máis de 81 millóns de casos e 1,7 millóns de mortos

Publicado o 30/12/2020 09:22
Coronavirus no mundo: máis de 81 millóns de casos e 1,7 millóns de mortos

A expansión do coronavirus avanza estes días sen tregua en distintos lugares do mundo. Segundo os datos da Organización Mundial da Saúde, xa infectou arredor de 81 millóns de persoas. Delas, morreron máis de 1,7 millóns.

Os Estados Unidos é o país con más contaxios e máis falecidos e estes días rexistra cifras récord de hospitalizacións. Tamén preocupa o avance do virus no Brasil e na India.

Pero, ademais, esténdese de novo con celeridade por Europa. A OMS advirte de que seis países europeos están entre os dez con máis casos de coronavirus no planeta. O Reino Unido rexistrou este martes un novo récord de contaxios, máis de 53.000 nun só día, e Alemaña supera por primeira vez os mil mortos diarios.

 

Noticias web

30/12/2020