CRTVG

Buscar

Confirmada a primeira reinfección por COVID−19 nos EUA

Publicado o 13/10/2020 08:22

Un estudo que publica The Lancet confirma o primeiro caso de reinfección por COVID-19 detectado nos Estados Unidos.

Un paciente de Nevada, de 25 anos de idade, deu positivo por dúas infeccións nun prazo de 48 días. Isto confirmou, segundo ese informe, que unha segunda infección polo coronavirus pode suceder en pouco tempo e pode ser máis grave que a primeira.

É o quinto caso de reinfección por COVID-19 no planeta e avala a tese de que a exposición ao virus non se traduce necesariamente en inmunidade total.

Noticias web

13/10/2020