CRTVG

Buscar

Coristanco promove o seu garavanzo bágoa

Publicado o 30/07/2020 22:51

Para xuntar un quilo de garavanzo bágoa hai que apañar arredor de dúas mil destas vaíñas. É custoso, porque hai que escollelas unha a unha e á man para apañalas xusto no seu punto.

Lucía Calvo, La Despensa DLujo: "Precisamos para sacar un quilo unha xornada de traballo dunha persoa. Non pode estar seco, pero ten que estar nacido, ten que ter o froito dentro da vaíña. Iso é o difícil".

Son froitos de apenas dúas semanas, aínda en formación. Probaron unhas trinta variedades ata dar coa ideal: buscaban un garavanzo para consumir en verde, que conservase a auga precisa para unha textura tenra e que á vez concentrase en tan pouco tempo o aroma e o sabor que o fan tan especial.

Lucía Calvo: "Ten auga, polo tanto resulta agradable en boca e ten un sabor característico do garavanzo: doce pero consistente, e ao final deixa un sabor a froito seco".

Que saiban, son os únicos que conseguiron producir este legume. Cultívano case en exclusiva para a alta restauración, pero este ano abriron outra vía co comercio online para amortecer o impacto da crise sanitaria nas vendas. Está funcionando ben, e xa envían estas casulas a puntos de toda España e Portugal.

Noticias web

30/07/2020