CRTVG

Buscar

Corina Porro será a delegada da Xunta en Vigo

Publicado o 11/07/2019 18:49
Corina Porro será a delegada da Xunta en Vigo

O presidente da Xunta confirmou este xoves o nomeamento da ex-alcaldesa de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social (CES), Corina Porro, como delegada do Executivo galego na cidade olívica.

Así o avanzou Núñez Feijóo na roda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego na que tamén desvelou que Ignacio López-Chaves, que ata o de agora exercía como delegado da Xunta en Vigo, pasará a ser o responsable do Consello Galego da Competencia.

O presidente galego ensalazou a "dilatada experiencia" de "servizo público" ao cidadán e o seu profundo coñecemento da cidade de Vigo. "Non me cabe dúbida de que afrontará con solvencia esta nova etapa", dixo Feijóo.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí