CRTVG

Buscar

Corenta rapaces galegos reciben os premios extraordinarios da ESO

Publicado o 12/04/2019 17:49


Corenta rapaces galegos acaban de recibir o premio extraordinario da ESO correspondente ao curso pasado. Con este galardón, a Xunta recoñece o rendemento académico e a superación persoal de alumnos da educación secundaria.
No nome dos mellores ao rendendemento académico falou Eva, de Vilalba, que lembrou os compañeiros que non conseguiron este premio.
O presidente da Xunta dixo que a pesar dos obstáculos do mundo actual, como a inmediatez ou a superfiacialidade, esta é a mellor xeración da historia.
Cada un dos premiados recibirá 750 euros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019