Corenta e sete internos contaxiados nunha residencia de Sarria no primeiro gromo detectado no centro
Publicado o 24/01/2021 20:19
Nesta residencia de Sarria, 47 dos seus 90 usuarios están infectados por coronavirus, e canda eles tres traballadores.
No centro acababan de administrar a primeira dose da vacina hai dúas semanas.
Logo de que dúas persoas presentasen síntomas compatibles coa covid−19 decidiuse facer máis probas.
Os resultados confirmaron que o gromo era máis amplo do esperado.
Os afectados non están graves, só un dos residentes foi trasladado ao hospital de Lugo.
É o primeiro gromo que se detecta nesta residencia desde que se declarou a pandemia.
O resto de usuarios están illados en dúas plantas, sen contacto co resto de persoas que viven ou traballan no centro, para evitar que haxa novos contaxios.