CRTVG

Buscar

Coren reforza o cadro de persoal en máis de 200 persoas este Nadal

Publicado o 17/12/2019 14:22

A actividade é frenética estes días en Coren. Saen de aquí cada día 80 camións cargados de diferentes produtos de Nadal que chegan a todos os puntos de España e tamén do estranxeiro. Estamos falando de máis de 300.000 unidades de produtos. O grupo ourensá tivo que reforzar o seu persoal para atender este aumento da produción por mor desta campaña de Nadal.

Entre os produtos máis demandados están a pularda criada en liberdade polas monxas clarisas de Allariz e tamén o capón e o polo de corral. Este ano o grupo ourensá apostou tamén por ofertar produto xa recheo a base de ingredientes naturais.

O grupo Coren dá traballo de xeito directo a máis de sete mil familias.

Noticias web

17/12/2019