Coren pechou o ano pasado con récord de beneficios
Publicado o 07/10/2020 17:15
O grupo galego Coren pechou o ano pasado con récord de beneficios. Multiplicounos por seis. Os beneficios pasaron de 722.000 euros en 2018 ata os case 4,4 millóns de euros en 2019. Boa parte da mellora débese ás exportacións.
De vender fóra de Galicia o seis por cento, a compañía pasou a colocar nos mercados exteriores o 16,5 por cento dos produtos, o que triplica a conta dos seus resultados.
Coren agarda aínda mellores cifras para este ano, especialmente no mercado chinés.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 15:02
21/01/2021 14:44