CRTVG

Buscar

Coreanos, italianos e franceses entre os primeiros peregrinos do ano 2020

Publicado o 01/01/2020 14:01

Saímos ao encontro dos primeiros peregrinos que chegan a Compostela este ano e, entre eles encontramos, unha francesa que vai seguir cara á Fisterra onde completará tres meses de camiño.
Tamén chegaban no aninovo a Compostela xentes de Corea, Italia e Andalucía.

 

En solitario ou como moito en parella e cómo percorreron a ruta os primeiros peregrinos chegados a Compostela polo camiño francés en 2020. Encontramos unha ducia deles e a maioría saíron de Sarria, como unha parella de andaluces que falan de que a experiencia foi boa e, cando lle faltaban dez quilómetros para o Obradoiro ya contan con repetila.

"Porque recomendación de moitos compañeiros e amigos e queriamos empezar o ano aquí, en Santiago.
-Un andaluza desafiando a friaxe.
-Si, e co pelo mollado polo rocío e ben. Xa queda pouquiño".

Camiñaron os últimos seis días, aproveitando unhas vacacións e a pesar de que coñecidos e amigos dubidaran de que esta fose boa época para facelo.

"Tomáronos un pouco como tolos. Pero ben, arriscamos e fíxonos moi bo tempo e estamos superencantados."

Para fuxir da masificación do verán e na procura de tranquilidade, foi polo que este italiano decidiu seguer a mesa ruta, de Sarria a Santiago, en pleno cambio de ano.

"Estou feliz de rematar. Estou cansado, dóenme as pernas. Pero, tiven boa experiencia. Ía buscando tranquilidade e encontreina. E paz."

E tamén feliz se amosaba contemplando a praza do Obradoiro esta francesa despois dun trimestre longo de Camiño desde o Norte de Francia.

"Fixen tres meses de camiño. Empecei na miña casa o 14 de setembro e chegei onte aquí. E, moi ben. Estou moi contenta, cun gran sentimento de liberdade, unha victoria grande".

Di que mañá vai continuar para rematalo en Fisterra. Nesta mañá de Aninovo tamén completaban oo camiño francés varios peregrinos coreanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020