CRTVG

Buscar

Corea do Sur impón a corentena a todos os visitantes desde o próximo mércores

Publicado o 29/03/2020 10:13
Corea do Sur impón a corentena a todos os visitantes desde o próximo mércores

O Goberno de Corea do Sur anunciou que todos os visitantes que cheguen ao país van ter que manterse en corentena durante dúas semanas para evitar a extensión do Covid-19.
De acordo cos últimos datos, en Corea do Sur rexistran 9.583 casos de persoas infectadas, delas 105 contaxiados nas últimas 24 horas, a maioría procedente do estranxeiro.

O país asiático foi durante semanas o segundo máis afectado por detrás da China e pretende manter a garda alta, xa que levan falecido 144 persoas a causa do coronavirus, e 4.811 xa están recuperadas.
 

Noticias web

29/03/2020