CRTVG

Buscar

Corea do Norte volve probar proxectís balísticos

Publicado o 02/10/2019 12:09

Corea do Norte lanzou nas últimas horas novos proxectís balísticos, despois de anunciar que reiniciará as conversas cos Estados Unidos.

Todo indica que os proxectís lanzados sobre o mar do Xapón son de alcance curto e forman parte das probas que ven realizando o réxime nos ultimos meses con distintos tipos de proxectís.

A Casa Branca confirmou o reinicio das conversas nucleares con Corea do Norte o próximo cinco de outubro.

Noticias web

02/10/2019