CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Corea do Norte presume de programa armamentístico e presume de programa de televisión

Publicado o 06/09/2017 21:39


Corea do Norte presume de programa armamentístico e presume de programa de televisión. A súa presentadora leva máis de corenta anos dando as noticias do réxime cun estilo peculiar que a fixo famosa en todo o mundo.

Imos observala uns segundos en silencio, porque cando fala... Cando fala ondean as bandeiras do réxime. Non é o vento quen as move, é a súa voz...

Estudou interpretación artística antes de empezar en 1971 a dar as noticias do réxime, máis ben a interpretalas cun estilo peculiar e con postas en escena adecuadas a cada ocasión.

1994. Morre Kim Il Sung, o fundador da patria, o presidente eterno. O pobo chora. E chora máis cando ela anuncia a morte nun marco sobrio e unha emoción apenas contida...

1998. A presentadora conta o exitoso lanzamento do primeiro satélite norcoreano...
O seu ton de orgullo busca e atopa efecto de contaxio.

Así o resume este desertor do réxime: "Cando ela fala, a xente sente que a época de Kim Il Sung continúa".

Continúa mesmo despois doutra morte continúa. 2011. Falece Kim Jong Il. A maneira de contalo da presentadora non precisa tradución...

Se Corea do Norte presume de programa armamentístico e presume de programa de televisión.
Ela é incombustible, resistiu todas as purgas que alá sufriron os periodistas. Entre os comunicadores máis novos, non existe aínda recambio.

"Cando lles falas aos espectadores non deberías berrar, senón falar suave". Iso lle dixo ela a un canal chinés hai cinco anos. Falar suave, dicía, enigmáticas palabras...

E é que así contaba estes días o quinto ensaio atómico...

...Outro orgullo. Outro éxito.

"Cando ela aparece na tele, sei que algo pasa", declara este xaponés.

Foi cando O Xapón aínda ocupaba Corea cando naceu nunha familia humilde, hai agora 74 anos, esta muller, esta voz que lle dá ao réxime máis forza da que lle dan os mísiles.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

06/09/2017