CRTVG

Buscar

Corea do Norte destrúe a oficina de enlace intercoreana situada no seu territorio

Publicado o 16/06/2020 12:55

Corea do Norte destruíu a oficina de enlace intercoreana situada no seu territorio. Era un elemento simbólico do diálogo entre o norte e o sur, construído en 2018.

En fotos e vídeos de residentes que viven preto da fronteira pódese ver unha columna de fume procedente do lugar onde se atopaba a oficina.

O réxime de Kim Jong-Um ameazara con derrubar o edificio en resposta ao envío de globos con propaganda contraria ao réxime por parte de activistas desde Corea do Sur.

A oficina intercoreana formaba parte do achegamento diplomático emprendido hai un par de anos polos dous estados, que, oficialmente, aínda están en guerra.

Noticias web

16/06/2020