CRTVG

Buscar

Corea do Norte ameaza a Seúl e a Washington con novos ensaios armamentísticos

Publicado o 06/08/2019 12:01

O réxime de Corea do Norte realizou este martes un novo ensaio con mísiles balísticos de curto alcance, o cuarto en menos de dúas semanas, e ameazou a  Seúl e a Washington con "pagar un alto prezo" polas manobras militares conxuntas que iniciaron o luns.

Os últimos ensaios armamentísticos fixéronse á primeira hora desde a provincia norcoreana de  Hwanghae do Sur, o mesmo lugar desde onde o réxime  norcoreano efectúo os seus outros tres lanzamentos nun prazo de trece días, segundo informou o Estado Maior Conxunto (JCS) surcoreano.

A partir dos primeiros datos recompilados, os exércitos de Seúl e Washington cren que nas catro roldas Pionyang testou un novo tipo de mísiles balísticos de curto alcance similar ao que xa probou o pasado maio, segundo dixo un portavoz do JCS.

Xunto a esta nova exhibición de poderío militar, o réxime que lidera  Kim Jong-un volveu protestar hoxe polas manobras castrenses que comezaron este luns Corea do Sur e os Estados Unidos, e advertiu os aliados sobre posibles represalias polos devanditos exercicios, a través dun comunicado do seu Ministerio de Asuntos Exteriores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí