CRTVG

Buscar

Corbyn cede á presión e apoiará un segundo referendo sobre o 'brexit'

Publicado o 25/02/2019 21:44

O líder dos laboristas británicos apoiará a celebración dun segundo referendo sobre o 'brexit'. Jeremy Corbyn cede así ás presións da maioría dos militantes do seu partido, o principal da oposición ao Goberno de Theresa May. O apoio do laborismo a unha segunda consulta sobre o 'brexit' será oficial se esta semana fracasan tres mocións. Nelas, o laborismo pide manter a unión aduaneira con Europa, a equiparación de dereitos laborais e ambientais e seguir formando parte de varias axencias europeas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019