CRTVG

Buscar

Corax Fauna, un centro educativo de fauna salvaxe en Paderne

Publicado o 19/04/2019 19:40

Segundo abriunos as portas do seu soño infantil convertido en realidade: Corax Fauna, un centro educativo de fauna salvaxe. Aquí podemos ver desde os corvos que lle dan nome ata os felinos máis grandes do planeta.

Javier Ares, coidador e fillo do dono: "Todos teñen o seu nome, atenden polo seu nome como, por exemplo, aquí Selva. É unha triguesa albina moi noviña, fixo agora un ano e xa vedes que grande está".

Nestes días de vacacións non paran de recibir xente. Os nenos contan o que máis lles gusta: "O león, o tigre e a xirafa", din.

"Gústanme moito todos os animais", explica unha rapaza.

A familia de Corax ofrece tamén a posibilidade de ser coidadores por un día no centro. A maiores pódense facer visitas privadas que permiten unha maior proximidade cos bechos máis pequenos.

"Paréceme unha grande oportunidade de poder interactuar cos animais", explica unha visitante.

O centro tamén desenvolve un programa de cría en cativerio da aguia real en colaboración coa Xunta.

Javier Ares. Coidador e fillo do dono: "A intención é que se emparellen, críen e reintroducir as crias en estado salvaxe en Galicia porque é un animal que está en perigo de extinción".

Visitar Corax Fauna é máis ca un divertimento. Pretenden axudar a que a xente coñeza os animais e aprenda a respectalos.

Noticias web

19/04/2019