CRTVG

Buscar

Bos días

Copa do Rei: O Pontevedra e o Compostela, eliminados na primeira rolda

Publicado o 03/09/2015 09:57
Antes deste partido, a policía impediu un enfrontamento entre seguidores radicais do Racing e do Celta. Algúns deles mesmo portaban puños americanos e foron trasladados a dependencias policiais. Máis cousas. Onte tivemos partidos de Copa do Rei. Non lles foi ben aos galegos. O Pontevedra quedou eliminado tras peder pola mínima no Campo do Guijuelo...




e outro tanto lle aconteceu ao Compostela; que se adiantou no marcador con este gol de Sergio Sánchez. Nesta eliminatoria copeira a partido único, o Compostela xogou no feudo do Tudelano. Os locais, reaccionarían e por medio de Arkaitz, de penalti, e de novo con Arkaitz na segunda parte déronlle a volta ao resultado do partido.
O Compostela buscaba a igualada pero nesta acción chegou o terceiro dos navarros. Marca con ese disparo Azpilicueta.
O Compostela, xa no tempo engadido fixo o 3 a 2 por medio de Sergio Sánchez. Pontevedra e Compostela, eliminados da Copa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

03/09/2015