Cooperavirus, voluntariado contra o coronavirus
Un taller de lavado de coches, a simple vista, non parece que desde aquí se poida axudar na loita contra o coronavirus. Pero si. Adegas, tanatorios ou talleres de lavabo de coches usan máquinas de ozono para desinfectar. Máis de media ducia de empresas cederon xa estes aparellos para hixienizar ambulancias. A adaptación de usos e materiais é clave na iniciativa cooperavirus.com.
Cooperavirus é unha plataforma creada hai só uns días por varios emprendedores, entre os que hai galegos. Sen ánimo de lucro, fan públicas as demandas de material dos centros de saúde e hospitais para que empresas, distribuidores ou particulares, poidan colaborar.
José ten 24 anos, estuda quinto de Medicina na Universidade de Santiago e coordina a plataforma Cooperavirus desde Pontevedra. Pero hai máis de medio cento de emprendedores por toda España buscando e conectando demandas sanitarias con solucións innovadoras.