CRTVG

Buscar

Conxemar pecha as portas con máis de 37.000 visitantes de 108 países

Publicado o 03/10/2019 20:18

Conxemar, a gran cita internacional dos produtos do mar, pechou hoxe as súas portas en Vigo cun balance máis que positivo. Foron tres días intensos en que se superaron as cotas do ano pasado, con máis de 37.000 visitantes profesionais no Ifevi, un 4,5% mais ca no 2018. Houbo representantes de 108 países, cun incremento especialmente importante dos chegados da Arxentina.

749 empresas amosaron os seus produtos e proxectos, e 70 quedaron en lista de espera, de alí a urxencia da organización de ampliar o Ifevi.

Conxemar consolídase, despois de vinte e un anos, como a cita fundamental no calendario do sector do conxelado. Con empresas asentadas e moitas que, pouco a pouco, se van afianzando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019